O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, non deixou lugar a dúbidas e rexeitou este luns a posibilidade de realizar un trasvasamento dende o río Verdugo ate o encoro de eiras, coma pedía o alcalde de Vigo. Agustín Hernández, para quen a situación provocada pola falla de chuvias é “complicada”, salientou que o caso de Vigo “non é peor que o de outras zonas” do país e adiantou que presentará unas “reflexións” sobre unha subministración adicional de auga á cidade “nos próximos días«.
O conselleiro indicou que as previsións meteorolóxicas «non son nada prometedoras», pois estiman que nos próximos 7 ou 10 días non haberá chuvias «substanciais» na comunidade, ao tempo que lembrou que se está a ultimar un plan que estará listo a finais de mes ou «principios de abril«.
Hai uns días Abel Caballero descartou tomar iniciativa alguna dende o Concello para aforrar auga ao tempo que indicou que remitira unha carta a Hernández falándolle da necesidade do devandito trasvasamento e alertando que os encoros de Vigo están a un nivel 20 puntos por baixo do que o estaban hai xusto un ano.