Galicia

A CIG xunta a centos de persoas en concentracións celebradas en 19 concellos galegos

A Confederación Intersindical Galega (CIG) celebrou este xoves 19 concentracións noutros tantos concellos galegos para facer “un chamamento á cidadanía para que participe activamente” na folga xeral convocada para o próximo día 29 de marzo. Como salientaron os seus representantes, con estas concentracións, a central sindical pretende tamén trasladar aos gobernos galego e estatal o “rexeitamento que existe nos centros de traballo á brutal reforma laboral” que, repetiron, e semallante a un golpe de estado.

En Vigo preto de 200 persoas acudiron ao chamamento diante do MARCO, no Principe, a poucos metros dun acto no que participaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Na intervención o responsable do Mertal do sindicato denunciou os desmedidos beneficios “de ate o 73%” das empresas galegas os pasados anos fronte a unaha media europea do 39%, uns beneficios, indicou, que non redundaron na mellora das condicións de vida dos traballadores. A seu entender, “será a primeira vez na historia recente na que as novas xeracións terán menos dereitos que as anteriores”, unha afirmación que ilustrou denunciando que coa Reforma Laboral “os traballadores novos estarán cobrando 450 € ate que cumpran os 30 anos”.

A CIG fixo un chamamento especial para que secunden a Folga aos parados, que son os que están a pagar unha crise “que creou o capital”. A central pensa que as expectativas do paro xeral son “bastante boas, unha sensación que veñe de recoller nos centros de traballo nos que enténdese que a folga está moi xustificada “ante a perda de tantos dereitos gañados en anos de loita”.

 

También te puede interesar