Sucesos

A Policía Autonómica fixo preto de 150 denuncias contra locais que serven alcohol a menores

No que vai de ano, o Grupo de Menores da Policía Autonómica leva tramitadas un total de 146 denuncias por infrinxir a lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores.

Dende a entrada en vigor da a Lei de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, a Policía Autonómica está levando a cabo durante as fins de semana unha serie de dispositivos por toda a Comunidade Autónoma co obxectivo de velar polo cumprimento da lei e detectar a venta, consumo e suministro de alcohol a menores.

Os concellos onde se teñen realizado estes operativos ata o momento foron Ames, Baiona, Barco de Valdeorras, Betanzos, Boiro, Burela, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Carballo, A Coruña, Cospeito, Ferrol, Gondomar, O Grove, Lalín, Lugo, Melide, Monforte, Mos, Narón, Nigrán, Noia, Ordes, Ourense, O Pino, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porriño, Redondela, Ribadeo, Salceda de Caselas, Santa Comba, Santiago, Sanxenxo, Sarria, Silleda, Vigo, Vilagarcía e Vilalba

Coma resultado destas 301 inspeccións en locais expendedores de bebidas alcohólicas, foron cumprimentadas 146 actas de denuncia a establecementos por diferentes incumprimentos da Lei, das cales 63 foron a menores e 83 aos locais.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción, tamén se informou aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.