Vigo al minuto

Comisións Obreiras de Vigo prepárase para a Folga Xeral do día 29

Comisións Obreiras presentou esta mañá en Vigo a convocatoria de Folga Xeral nunha reunión de representantes do sindicato na comarca viguesa. Nun acto celebrado no Centro Cívico de Teis, o secretario comarcal do sindicato explicou o motivo que levou ás centrais sindicais mayoritarias a tomar esta decisión. Baixo o lema ‘Queren acabar con todo’, José Cameselle indicou que a Reforma Laboral aprobada polo Goberno facilita o despedimiento con 20 días de indemnización, “calquera empresa con disminución de ingresos ou vendas durante 9 meses consecutivos, teña ou non beneficios, pode despedir pagando 20 días cun tope dun ano”.

Ademáis, a indemnización por despedimiento dos empregados con contrato indefinido, pasa de 45 a 33 días por ano traballado e, ademáis, pódese despedir por faltar ao traballo a causa dunha enfermidade común,

O secretario comarcal subliñou que a Reforma non creará emprego estable xa que “o falso contrato indefinido que se crea para empresas de menos de 50 trabajadores é máis precario ca o actual contrato temporal, xa que se pode rescindir en calquera momento durante o primeiro ano”.

Cameselle indicou que as relacións laborais quedan en mans dos empresarios, que poden baixar os salarios de xeito individual ou colectivo, ademáis “facilítanse os Expedientes de Regulamento de Emprego, xa que non é necesario que sexan autorizados pola Dirección Xeral de Traballo”.

A elo, engadiu Cameselle, súmase o feito de que os convenios colectivos de empresa estarán por riba dos do sector, “os mínimos que marquen estes convenios poden ser máis baixos nos convenios de empresa”. Cando remate o convenio asinado, deixará de ser efectivo se non se negocia un novo en dous anos dende o vencimento do último asinado, “esto supón que non haberá ningún convenio vixente, o que leva a un baleiro de regulación nas materias non recollidas no Estatuto dos Traballadores”.

A todo isto, continuou o representante de CCOO na comarca de Vigo, súmase que os desempegados que cobren prestación terán que realizar servizos “voluntarios e non remunerados” á comunidade, “algo equiparable á pena alternativa ao ingreso en prisión das personas condenadas por cometer delitos”.

Por todos estos motivos, polo feito de que “esta Reforma supón un ataque sen precedentes na Democracia os dereitos laborais e sociais”, CCOO apoiará, xunto a UGT, un paro xeral que, “se o Goberno non rectifica“, pode ser o primero de outros.

Cameselle lembrou que o luns, diante do MARCO, as dúas centrais sindicais farán a presentación conxunta do folga e adiantou que o día 29 está convocada unha manifestación unitaria que sairá ás 11 da mañá do cruce de Gran Vía con Venezuela, diante do Corte Inglés.

También te puede interesar