RGPD - Cookies
Vigo al día

Milleiros de persoas, convocadas pola CIG, maniféstanse en Vigo contra a Reforma Laboral

Ao redor de 6.000 persoas secundaros este serán a chamada da Confederación Intersindical Galega (CIG), no Día da Clase Obreira Galega que este ano, ademáis, convertiuse no anticipo da Folga Xeral convocada pola central nacionalista para o vindeiro día 29. Ese era, precisamente, o lema da pancarta que abría a manifestación, que saiu de Vía Norte pasadas as 8 do serán: ‘Contra a Reforma Laboral, preparando a Folga Xeral”.

Segundo os organizadores, con esta lei, o Goberno central persegue abaratar o despido, unha rebaixa masiva dos salarios, dar vía libre aos expedientes de Regulamento de Emprego (EREs), desviar as subvencións públicas aos bolsillos da Patronal, privatizar os servizos públicos, reducir as prestacións por desemprego ou deixar as decisións laboráis en mans dos empresarios, dende os convenios, pasando polos salarios ou os horarios de traballo.

En opinión dos nacionalistas, trátase dun “auténtico golpe de estado contra a clase obreira”, que só persegue o despido libre e a explotación da mocidade, polo cal esixen a súa retirada inmediata. Pola contra, sublimaron antes da saida da marcha, os sindicatos estatais, en referencia a Comisións Obreiras e UGT, non queren isto, senon forzar unha negociación co Goberno e a Patronal.

 

También te puede interesar