Vigo al minuto

A CIG chama a manifestarse este sábado e UGT e CCOO, o domingo

Se o que pretendían os sindicatos máis representativos dos traballadores galegos era evitar dar unha imaxe de unidade, está feito. A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou manifestacións este sábado, día 10 de marzo, nas sete cidades galegas, así como nas localidades de Vilagarcía e Ribeira, contra a reforma laboral aprobada polo PP que, segundo denuncia, «supón a demolición dos dereitos do traballo» e «saquea á clase traballadora para contentar aos grandes empresarios, á banca e aos máis ricos».

Baixo o lema ‘A nos organizamos… podémolos parar ‘!  a CIG explicou que está a informar os traballadores do alcance da reforma e concienciando de que «estas non son as únicas políticas posibles». Mentras, o pasado xoves, os secretarios comarcais de Comisións Obreiras (CCOO) e Unión Xeral de Traballadores (UGT) de Vigo, presentaron unha nova movilización en contra da Reforma Laboral, poucas horas de confirmar que, finalmente, convocan unha Folga Xeral en todo o Estado, o mesmo día que os sindicatos nacionalistas de Euskadi, Navarra e Galicia.

Para a CIG esta Reforma Laboral é un “auténtico golpe de estado« xa que lle «quitan todos os dereitos aos traballadores«, ao tempo que se «traslada diñeiro público do Estado ás empresas nas bonificacións, ou nas deducións fiscais e no pagamento das indemnizacións por despedimento do Fogasa». Pola súa banda CCOO e UGT, indicaron que a reforma facilita os despedimentos, deixa os relacións laboráis en mans dos empresarios, acaba cos convenio colectivos e resta dereitos aos traballadores, ao tempo que vai incrementar o número de desempregados.

Plantexamentos casi idénticos que, sen embargo, non levaron a unha acción conxunta por parte das tres centrais maioritarias en Galicia. Dende a CIG aseguran que CCOO e UGT facilitaron, cando gobernaba Zapatero, a reducción das pensións e a perda de capacidade económica da clase traballadora, mentras que os sindicatos estatais calificaron de “precipitada e pensda para cubrir o expediente” a Folga Xeral á que chamou a CIG hai varias semáns.

A convocada pola CIG tera lugar este sábado, día 10, as 8 do serán do cruce de Vía Norte con Urzáiz; do mesmo lugar, pero o domingo ás 11:30 h., partirá a convocada por UGT e CCOO.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.