Vigo al minuto

As pontevedresas gañan preto de 6.000 € menos que os homes ainda que traballan máis

Así o reflicte un estudo elaborado pola Rede Provincial Pontevedra Pola Igualdade, en base a datos oficiais recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o Instituto Nacional de estadística (INE) e a Enquisa de Poboación Activa (EPA). Dacordo cos mesmos, o salario anual medio dunha muller galega era de 15.704 € anuais, fronte a 20.408 € dos homes, un dato que aínda amosa máis desigualdade no caso da provincia, “que rexistra o salario medio feminino máis baixo de Galicia, 14.963 €”.

Esta discriminación aparece, tamén, na cuantía das pensións: mentras elas cobran 8.901 € de media, eles superan os 12.000 €, o cal ten explicación en dous feitos: dos 45.378 galegos que percibían pensións non contributivas (as máis baixas de todas), 31.269, o 69%, eran mulleres, fronte ao 31% de homes, 14.116; e que no tanto de que 3.214 mulleres percibían a Renda de Integración Social (RISGA), o 60% do total, só estaban na mesma situación 2.130 homes.

A discriminación da muller nótase tamén no mercado laboral: segundo os derradeiros datos da enquisa de Poboación activa (EPA), a taxa de paro en Galicia é do 19,1% entre as mulleres e do 17,6% entre os homes e, no só iso, senon que o 65% dos contratos a tempo parcial son asinados por mulleres, mentras que o 60% dos traballos a tempo completo son ocupados por homes.

Por qué as mulleres traballan máis?, a resposta é doada: o traballo no fogar segue a ser desempeñado, en máis dun 96% das familias, por elas. O mesmo nen está remunerado, nen ten beneficios sociais e “incrementa as dobres e triplas xornadas de traballo das mulleres, empeorando a súa saúde e mermando a súa calidade de vida”. A carga que cae sobre elas é moito máis importante que a soportada por os varóns, “nós somos, ademáis, coidadoras, enfermeiras, cociñeiras, limpiadoras, ademáis de asumir o coidado dos familiares dependentes en máis do 90% dos casos”.

Por riba delo, elas seguen a sufrir a violencia machista, o ano pasado foron asesinadas 61 mulleres a máns das súas parellas (unha delas en Vigo) e, a novembro de 2011 había en Pontevedra 1.007 ordes de afastamento.

No caso concreto da nosa provincia, no que se refire á actividade laboral, os datos da EPA, non dixan lugar a dúbidas e sinalan que a tasa de  mulleres que traballan era do 65,1%, mentras que esa misma porcentaxe, entre os homes é do 74,5%, preto de 9,5 pontos de diferencia, maila que en Pontevedra hai 496.820 mulleres e 466.691 homes. O paro feminino agravouse o ano pasado, afectando a 51.228 pontevedresas en xaneiro e a 53.154 en decembro. Aínda que os datos melloraron ao longo dos seis primeiros meses do ano, sobren unha caída en setembro e caen “en picado” no último trimestre do ano, ate os 6.153 contratos asinados.

A Rede Provincial Pontevedra Pola Igualdade conclúe que “o ataque aos dereitos acadados pola loita dos movementos sociais no século XX, aínda que está a afectar a toda a cidadanía, nótase dun xeirto máis grave nas mulleres”. Por elo, esta asociación fai as seguintes reivindicacións: frear a reforma do Lei de Aborto, xa que a mesma “suporá un retroceso para a liberdade de elección das mulleres sobre o seu corpo”; modificar a Reforma Laboral, xa que, ademáis de presentar dúbidas sobre a súa constitucionalidade e deixar en mans das empresas o poder absoluto sobre os dereitos d@s traballador@s, “anula o dereito á conciliación, ao restrinxir a liberdade da concreción horaria da reducción da xornada e das lactacións acumulada”; crear, finalmente en Galicia os órganos aos que comprometeuse o goberno autonómico, o Consello Galego de Mulleres, o Observatorio da Violencia de Xénero e a Comisión Interdepartamental de Igualdade; recuperar os requisitos de acceso e as contías das ‘Axudas por fillos menores de 3 anos’ ou parar o desmantelamento do Servizo Galego de Igualdade.

 

También te puede interesar