RGPD - Cookies
Cultura

Os Cabaleiros da lamprea, anuncian a festa de Arbo para os días 23 e 24

Coa presenza do alcalde de Arbo como convidado, A Irmandade dos Cabaleiros da Lamprea celebrou a sua reunión anual. Con esta son 34 as edicións desta Irmandade que todos os anos peregrina a Arbo para declarar a sua devoción á lamprea. Formada por máis de 60 membros, a Irmandade está formada por devotos da lamprea procedentes sobre todo do sector da docencia pero na que se encontran persoeiros da sanidade e da cultura, maiormente de Galicia pero na que participan tamén persoeiros chegados desde outras partes de España.

Esta 34 edición comezou coa chegada ao Río Miño para realizar as pregarias á lamprea e ao Miño. Así mesmo, os Irmans envían todos os anos unha mensaxe nunha botella que tiran ao curso do Miño no que se recollen os desexos para o vindeiro ano. Este ano pediron paz e prosperidaade para o mundo enteiro e lampreas no Rïo Miño para manter a tradición e a economía local. Despois celebrouse unha misa na mamoria dos Irmás ausentes, xa finados. Antes de comezar coa degustación da lamprea na súas diversas versións (estilo Arbo, asada e rechea) os novos lampreiriños, aquelas persoas que queren facer parte da Irmandade, tiveron que demostrar devoción a lamprea e fidelidade aos principios da irmandade. Así mesmo, os lampreeiriños do ano pasado adquiririon a definita entrada na Irmandade dos Cabaleiros da Lamprea.

Esta acción da Irmandade mostra que a lamorea é un elemento de identidade para miles de personas e que Arbo é a capital mundial da lamprea.

 

También te puede interesar