RGPD - Cookies
Vigo al día

O BNG adianta o seu voto negativo á Reforma Laboral e apoia a Folga Xeral do día 29

A deputada do BNG, este domingo, na feira de Bouzas, repartindo información sobre a Reforma Laboral do GobernoNon’. Ese será o voto do Bloque Nacionalista no Congreso dos Deputados á Reforma Laboral plantexada polo Goberno. A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, avanzou que está será a postura dos nacionalistas o vindeiro xoves cando o Real Decreto se presente no Parlamento para a súa validación. Fernández Davila, quen este domingo repartiu información en contra da Reforma no Marcado de Bouzas, cree que a mesma “empeorará a vida e o traballo dos cidadáns en xeral, e particularmente dos mozos e as mulleres”.

A deputada, que amosou o seu apoio á Folga Xeral convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para o 29 de marzo, paro que coincidirá co que plantexarán CCOO e UGT, en todo o Estado, o mesmo día, salientou que “a reforma do Partido Popular está feita á medida da patronal”. Para o BNG, a mesma terá o efeto de “incrementar o paro, abaratar o despedimento, rebaixar os salarios, rematar cos convenios colectivos e deixar as relación laboráis en manos dos empresarios”.

Olaia Fernández, quen lembrou que o debate sobre a Reforma terá lugar Día Internacional da Muller, resaltou que a mesma producirá un agravamento da desigualdade. «Con este tipo de medidas a desigualdade afóndase. A reforma laboral será unha apisoadora dos dereitos das mulleres», indicou.

 

También te puede interesar