Deportes Vigo al minuto

O taekwondo galego arrasa en Murcia

Doce medallas no IV Open Villa de Fuente Álamo. A selección galega voltou de Murcia con un ouro, catro pratas e sete bronces no peto e clasificada terceira por equipos tanto na categoría masculina como na feminina. A Federación Galega de Taekwondo desprazou a un equipo de 20 deportistas para medirse a competidores punteiros de territoriaos como Valencia, Madrid, Murcia, Alicante, Euskadi, Andalucía, Castela a Mancha ou Castela e León, xa era un bo test de cara ao campionato de España e ao Open de España que se celebrará en Alicante no mes de marzo.

A medalla de ouro foi para o trío 1 feminino, composto por Noelia Irago, Isabel Simón e Lucía Capelo, mentres que as catro pratas foron para Hang Sheung, en Máster 1 masculino; Antonio Rebouras, en Máster 2 masculino; Alejandro González, en Sénior 2 masculino; e o Trío masculino composto por Antonio Rebouras, José Teófilo López e Óscar Rey. Ademais, a selección galega sumou sete bronces: Paula Chinchilla, en Sénior 1 feminino; Beatriz Queiro, en Máster 2 feminino; Brais Costas, en Sénior 1 masculino; Jose Cid, en Máster 1 masculino; Óscar Rey, en Máster 2 masculino; Trío 1 feminino composto por Laura Bautista, Andrea Otero e Patricia Pérez; e parella 2 composta por Alejandro González e Beatriz Queiro.

Por equipos, a clasificación final foi liderada por Valencia, quedando en segunda posición Madrid e en terceira Galicia, tanto na categoría masculina comana feminina.

También te puede interesar