Ciencia y Tecnología

O ‘Cornide de Saavedra’ investigará a pescada na plataforma galega

O buque oceanográfico zarpará este martes dende o porto de Vigo cara á  coñecida coma ‘plataforma galega’, que abrangue dende Fisterra a Estaca de Bares, co obxectivo de realizar unha investigación sobre a pesvada. Trátase, segundo o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), de seguir adiante coa campaña iniciada en 2011, e que rematará en 2013, no que un equipo de científicos do Instituto Español de Investigacións Mariñas, do Instituto Nacional de Investigación e Desenvolvemento Pesqueiro de Arxentina, AZTI-Tecnalia e do Instituto de Investigacións Mariñas participarán no estudio para avaliar a “ecoloxía do recrutamento da pescada” na plataforma galega.

Os biólogos centraranse na observación das larvas e exemplares xuvenís desta especie, para coñecer como está a poboación de pescada, dende os primeiros estadios de vida, ata a fase de pesca, incidindo na súa capacidade reproductiva e nos aspectos que afecta á súa supervivencia.

Trátase dun estudo particularmente interesante logo de que se detectase unha sensible deminución de exemplares adultos de pescada, polo cal o traballo retomarase nos vindeiros meses de xuño e outubro, nos que os científicos traballarán cunha rede de 92 estacións fixas, dende os 50 ata os 500 metros de profundidade.

 

También te puede interesar