RGPD - Cookies
Vigo al día

Esquerda Unida presenta uns orzamentos municipais alternativos aos do goberno local

O coordenador local de Esquerda Unida en Vigo presentará, públicamente e mediante remisión do texto ao rexistro do Concello, a proposta alternativa de EU aos orzamentos municipais de 2012 que prioriza o gasto social e a erradicación do endebedamento do Concello para as obras públicas. Rubén Pérez considera que os tempos que veñen obrigan a “eliminar gasto protocolario, proxectos que nestes anos non teñen aportado nada á creación de emprego e mesmo retornar ao desempeño público de servicios que están sendo sistemáticamente externalizados polo Concello”

A proposta de EU, feita en base á proposta da Alcadía inclúe unha  modificación orzamentaria no capítulo de gastos, co obxectivo final de aforrar en torno a 10 millóns de euros, “aínda invertindo máis en emprego e cohesión social, defendendo que no 2012 non se abra ningún crédito bancario con entidades financeiras privadas que provocan un pago de xuros brutal ao Concello”.

Esquerda Unida considera preocupante consignar candidades de diñeiro excesivas á proxectos de creación de emprego fora da Oferta Pública de Emprego, “como prentender facer o BNG e o PSOE” xa que EU entende que efectivamente é positivo que unha parte do orzamento (que EU establece en 3.000.000 millóns de euros) sexa para programas de contratación de personas en risco de exclusión, necesidades especiais de inmersión de emprego, etc... recuperando figuras semellantes ao liquidado Grumir, “que funciona de xeito positivo en Concellos cercanos como Porriño”, pero dita contratación debe ser “clara, e cunhas bases que eviten a acontratación directa, sen publicidade, concurso de méritos ou exame transparente”. O resto da contratación ten que ser “exclusivamente dentro da oferta pública, con estrictos controis de legalidade, publicidade e igualdade”.

Esta é a proposta alternativa de Esquerda Unida

 

También te puede interesar