RGPD - Cookies
Vigo al día

A CIG segue coas movilizacións antes da Folga Xeral do 29 de marzo

Máis de 500 delegados e delegadas da Confederación Intersindical Galega (CIG) percorreron hoxe as rúas de Vigo en manifestación para rexeitar a nova reforma laboral do Goberno español e “chamar ao conxunto da clase traballadora a participar na xornada de folga xeral do videiro 29 de marzo. Antes da mobilización, que rematou cunha concentración diante do Concello e a entrega dun escrito solicitando o apoio da corporación á convocatoria, os representantes sindicais participaron nunha asemblea na que se abordaron os principais aspectos da normativa e o calendario de protestas previsto para as vindeiras semanas.

A marcha partiu da rúa Vázquez Varela pasadas as 12.00 horas e percorreu a rúa Venezuela até a Praza do Rei, onde se deu lectura ao escrito que foi entregado previamente no Rexistro Xeral do Concello polo secretario comarcal da central nacionalista. Durante o traxecto berráronse consignas como “A crise social que a pague o capital”, “Reforma laboral, terrorismo patronal” ou “A culpa é dos que votan ao PP”. Pero sobre todo puidéronse escoitar chamadas á folga xeral.

 

También te puede interesar