Vigo al minuto

Os veciños de Teis piden unha xuntanza co concelleiro Regades para falar das canalizacións na Avenida de Galicia

A Asociación Veciñal de Teis, informa que solicitou por escrito unha xuntanza urxente co concelleiro de Fomento, para tratar sobre a necesidade de substituír a tubaxe do abastecemento de auga da Avenida de Galicia, “debido ao seu mal estado de conservación”.

A intención da asociación é informar a David Regades que nos últimos días producíronse varias roturas na tubaxe de abastecemento de auga na devandita avenida o cal provocou a inundación dos baixos do edificio sito no número 23 da mesma, causando diferentes danos, “e unha forte indignación na veciñanza”.

Os vecinos aseguran que  en febreiro do 2011, mentres se executaban as obras de humanización en parte da Avenida de Galicia, dentro do plan de rexeneración urbana do barrio de Teis “ Plan Teis”, “xa había roturas desta tubaxe”, o cal, salientan “xa foi denunciado por esta asociación naquel momento”, no que, continúan, pediuse a substitución da canalización de abastecemento de auga, “debido ao deterioro da mesma”, no tramo desde Os Caños até a encrucillada coa avenida da Mariña.

Desde a asociación, indican que non é de recibo que en menos dun ano dende que a humanización desta zona “continuas roturas”, e pedirán ao concelleiro Regades que estude unha nova planificación das necesidades reais desta parte da cidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.