Vigo al minuto

Denuncian que a metade das 25 antenas de telefonía móbil que hai en Chapela non cumpren a legalidade

A denuncia ven de facela a Agrupación de Electores de Redondela (AER), grupo do que depende a gobernabilidade de Redondela, a instancias dunha queixa presentada pola Asociación de Veciños de Chapela o pasado mes de setembro. Segundo informa o devandito grupo, e logo de contrastar que dende 2008 hai unha amonestación do Valedor do Pobo pola instalación de antenas ilegais, e pedir no rexistro municipal información sobre a situación das mencionadas antenas, descubriu que a medate das mesmas están en situación ilegal por carecer, entre outros requisitos, da necesaria licenza ou a falla de medicións radioeléctricas periódicas.

Por elo, no Pleno do Concello de  novembro de 2011 fixeron as seguintes preguntas ao gobernó local: “Dispersas polo noso Concello atopámonos arredor dunhas 25 antenas de telefonía móbil, das cales polo menos un 50% carecen de licenza, sempre segundo datos do propio Concello.   Sabendo que a presenza destas antenas xeneran receo nos veciños ante os seus posibles efectos secundarios, teñen pensado regularizar a situación destas antenas? Estudaron a posibilidade de esixir ás compañías que compartan as antenas reducíndoas así a menos da metade? Teñen pensado esixirlle ás compañías telefónicas que alonxen as súas antenas o máximo posible dos núcleos urbanos?”

O pasado día 6 deste mes, o presidente do Consello Parroquial de Chapela introduce na orde do día un punto sobre as antenas de telefonía móbil. “Dende AER puxémonos a investigar pola nosa conta e encontramos o seguinte: o dia 11 de outubro de 2011 o Concello adxudicou e o 31 de Outubro formalizou un contrato coa empresa “Eventyam Ingenieros S.L” por un valor de 9000 € anuais para diferentes función, entre elas a realización de informes sobre expedientes de actividades relacionadas co obxecto do contrato; asesoramento para a legalizacións de estacións de telefonía móbil ou outros sistemas de telecomunicacións; apoio ao seguimento dos Plans de implantación dos operadores; control a través de medicións radioeléctricas antes e despois das implantacións, ou cando algunha demanda social o precise ou revisión e análise de alegacións perante algunha nova normativa do Concello do Redondela.

Con esta información, no Consello Parroquial de Chapela, AER preguntou a Miguel Angel Ballesteros, concelleiro de Medio Ambiente e Sanidade e presidente do Consello Parroquial, cantos informes se fixeran nos últimos catro meses e que dicían ditos informes. “A resposta foi que a persoa que ten a función de realizalos leva 4 meses de baixa”. Tanto Ballesteros coma Teresa Paris, representante do PP no Consello Parroquial de Chapela, “pensaban que este traballo o tiña que realizar unha persoa do Concello de Redondela, descoñecían que o Concello contratara unha empresa para esta función, e ademais, segundo se desprende da resposta do señor Pazos á pregunta no Pleno, el tampouco tiña nin idea”.

A indignación de AER con este tema é enorme: o Concello de Redondela paga 9000€ a unha empresa e 4 meses despois non hai nin un só informe nin nada sobre a situación das antenas e varios membros do goberno local descoñecían a existencia do mesmo. Por elo, o pasado día 8 o concelleiro da Agrupación de Electores, Jorge Varela, acude ao Concello pedir explicacións, e recibe a mesma resposta, “que a persoa que ía facelo está de baixa. Acaso dende o Concello non saben que eles mesmos contrataron unha empresa privada e que esa baixa non é escusa? Ou será que o problema é que o  Concello en 4 meses aínda non pediu informe ningún á empresa e esta non ten a obriga de facelos?

 

También te puede interesar