Vigo al minuto

Este domingo, empezan os roteiros do Mar de Galicia con un paseo por Bouzas

O Museo do Mar de Galicia inicia o próximo domingo día 12, ás  11:00 h., a programación Roteiros pola Costa coa  ruta Roteiro Histórico Bouzas – Museo do Mar,  que sumerxirá aos visitantes nunha viaxe polo pasado e o presente industrial da antiga Vila Real de Bouzas.

O percorrido partirá da Alameda Suárez Llanos, o antigo Campo das redes, e transcorrerá por rúas de vella raizame histórica. A seguinte parada será Alcabre, na que a factoría de salgadura romana, a Villae da Punta do Fiunchal e a Villae romana de Punta Borralleiro, na praia do Cocho, centrarán o interese. A ruta deterare tamén na Igrexa parroquial de Santa Baia, do Barroco tardío, e continuará polo Pazo de Sensat, as praias do Cocho e de Mourisca, o Castro da Punta do Muíño, e  o Museo do Mar de Galicia, que porá fin a visita.

A actividade, que estará dinamizada por historiadores, arqueólogos e biólogos do museo, é gratuita e ten un número limitado de prazas, 50. As inscripción poden facerse na páxina web do Museo do Mar de Galicia, www.museodomar.com ou chamando ao número de teléfono de información 986 247 691

Obradoiro Granxeiros de moluscos II

Por outra banda, a serie de obradoiros A ciencia de cultivar o mar, destinada ao público infantil e familiar, remata esta fin de semana coa actividade Granxeiros de moluscos II, que achegará aos asistentes ao marisqueo. A actividade levarase a cabo o 11 de febrero de 12 a 13:30 h. Os obradoiros para familias serán o día 12, de 17 a 18:30 h. A tarifa é, nos dous casos, de 1,5 € por persoa, a idade mínima para participar é de 6 anos, e inscripción faise do mesmo xeiro que nos roteiros.

 

También te puede interesar