Vigo al minuto

A conselleira de Emprego non sabe cal é o futuro laboral en Galicia

A conselleira de Traballo Beatriz Mato, asegurou onte nunha entrevista concedida á Cadena SER que «non é prudente facer unha previsión sobre cando estará recuperado o mercado laboral en Galicia”, e calificou de convulsas” as perspectivas económicas, que “cambian a cada momento”. A conselleira responsable de xestionar os recursos da Xunta para xerar emprego e que desde que tomou posesión viu medrar o paro en máis de 42.500 persoas, salientou que a Xunta «debe adaptar as súas políticas e aplicar medidas como a austeridade e o control do déficit», pero non aportou unha soa solución para atallar a perda de empregos no país.

Eso sí, Mato adiantou que o gobernó galego terá que “adaptar os seus presupostos para 2012 á realidade» ante as previsións de crecemento económico e “en función das contas estatais”, polo que avanzou que «haberá que tomar medias que non serán doadas para cumprir o déficit que está marcado».

Neste senso, Mato lembrou que a Xunta «leva tres anos facendo medias de axuste nos orzamentos», e, engadiu, «é aí onde se van ver as prioridades que marque o Goberno», cuestión que «non será doada pero ante a que hai que estar expectantes».

Sobre si o peche dun centro de atención a menores na provincia de Ourense era unha medida de recorte para o aforro de gasto público, a titular de Traballo e Benestar sinalou que aínda que «haberá quen queira interpretar isto como un recorte non deixa de ser unha eficiencia na xestión», e puxo un exemplo, “se temos unha familia repartida en dúas casas e esta pode caber nunha, aforra un aluguer», engadindo que nun só dos centros de menores «caben todos os menores que a Xunta ten tutelados».

Asimesmo, Mato descartou o peche dalgunha escola infantil e salientou que a Xunta «está a abrir máis, algo que hai que ter en conta nestes momentos económicos«. Sobre a subida de taxas das escolas infantís, puntualizou que este incremento progresivo» e en función de que «quen máis ten tamén paga máis», débese á necesidade de «adaptalas á realidade que ten o seu custo» pois, como subliñou, «levan  dez anos ser revisarse».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.