Galicia

A CIG decide este martes se convoca unha folga xeral contra as medidas económicas do Goberno e da Xunta

A Confederación Intersindical Galega (CIG), ven de convocar para este martes (10:00 h.) no Pazo de Congresos de Santiago, unha Conferencia Sindical Nacional ante a “extrema gravidade da situación na que se atopan os traballadores galegos”. Nela, segundo indica nun comunicado, a central analizará convocar unha folga xeral coma resposta ás medidas adoptadas polos gobernos Central e Galego.

A CIG acusa do actual panortaba aos dous executivos por aprobar “medidas regresivas nos eidos laboral, fiscal, sindical e dos servizos públicos”, coma os “recortes laborales, salariales, de dereitos, aumento de impostos ou a reforma da negociación colectiva”.

A Conferencia Sindical Nacional, na que participarán os membros do Consello Confederal, das dirección comarcais e nacionais, “en total unas 500 persoas”, é  un órgano deliberativo e decisorio que se convoca “só en casos extraordinarios coma o actual”.

A Conferencia analizará “e definirá as liñas de actuación a seguir para afrontar estos ataques e intentar frear, non só as políticas neoliberales, que están a agravar a xa de por sí grave crise económica, senon frear as medidas que xa se aplican e as anunciadas vía reforma laboral e Presupostos Xerais do Estado” que, segundo subliña o sindicato “seguen a favorecer ao capital financiero, mentras medra o desemprego e afógase á clase traballadora”.

 

También te puede interesar