Galicia

A CIG decide este martes se convoca unha folga xeral contra as medidas económicas do Goberno e da Xunta

A Confederación Intersindical Galega (CIG), ven de convocar para este martes (10:00 h.) no Pazo de Congresos de Santiago, unha Conferencia Sindical Nacional ante a «extrema gravidade da situación na que se atopan os traballadores galegos». Nela, segundo indica nun comunicado, a central analizará convocar unha folga xeral coma resposta ás medidas adoptadas polos gobernos Central e Galego.

A CIG acusa do actual panortaba aos dous executivos por aprobar “medidas regresivas nos eidos laboral, fiscal, sindical e dos servizos públicos”, coma os «recortes laborales, salariales, de dereitos, aumento de impostos ou a reforma da negociación colectiva».

A Conferencia Sindical Nacional, na que participarán os membros do Consello Confederal, das dirección comarcais e nacionais, “en total unas 500 persoas”, é  un órgano deliberativo e decisorio que se convoca “só en casos extraordinarios coma o actual”.

A Conferencia analizará “e definirá as liñas de actuación a seguir para afrontar estos ataques e intentar frear, non só as políticas neoliberales, que están a agravar a xa de por sí grave crise económica, senon frear as medidas que xa se aplican e as anunciadas vía reforma laboral e Presupostos Xerais do Estado” que, segundo subliña o sindicato “seguen a favorecer ao capital financiero, mentras medra o desemprego e afógase á clase traballadora”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.