Vigo al minuto

Os ex presidentes da Federación Veciñal denuncian unha «campaña de agresión política» por parte do alcalde

A última hora da tarde deste venres celebrouse o encontro cos ex-presidentes da Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC). Á xuntanza, convocada pola Comisión Permanente, asistiron Amador Fernández, Xosé Lois Gutierrez Pais, Xosé Sánchez, Fernando Seixo e Elena González.  A primeira conclusión do encontro é a da plena coincidencia entre a dirección e os ex-presidentes a respecto da diagnose. Houbo completa concordancia á hora de valorar de que o que sucede é unha “campaña de agresión política contra o movemento veciñal”. Nese senso, entenden que o ataque á Federación Veciñal é só un medio xa que o fin non é outro que “tentar someter ao movemento veciñal aos ditados do goberno municipal e do grupo político que o sustenta”.

Existiu tamén coincidencia ao sinalar como causa” desta vaga de ataques contra o movemento asociativo veciñal o feito de que desde a Federación Veciñal non se cedese ás presións exercidas polo goberno municipal para socavar a súa independencia. Golpean ao movemento veciñal, mediante a descualificación e o intento de afogo económico, porque nos mantivemos firmes na nosa independencia” afirmaron.

A segunda conclusión da xuntanza foi a de que fronte esta situación, que cualificaron como “unha das maiores agresións da historia”, é necesario dar unha resposta conxunta por parte de todo o movemento veciñal desde a unidade.

Tras recoller diferentes propostas e ideas, formuladas por algúns dos ex-presidentes, a Comisión Permanente anunciou que convocará unha Asemblea Xeral Extraordinaria coas 36 asociacións federadas, previsibelmente a semana próxima, na que proporán o inicio dunha campaña reivindicativa e de denuncia para forzar unha rectificación completa por parte do goberno municipal.

A campaña desenvolverase nos barrios e parroquias co obxecto de explicar socialmente que “o Alcalde golpea ao movemento veciñal porque non nos pregamos e por debernos só á defensa dos intereses da veciñanza, dos barrios e das parroquias” e procurar o maior apoio social.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.