Galicia

A Xunta poderá reducir nun tercio a xornada, e as nóminas dos seus traballadores interinos e temporales

A Xunta poderá decidir que o personal interio e o laboral temporal vexa reducida a súa xornada, a súa nómina, nun  tercio. Asimesmo, ofrecerá a posibilidade de facer o mesmo aos funcionarios e traballadores laboráis fixos ao tempo que só haberá garantías de cobrar o 100% das retribucións nos casos de incapacidade laboral causada por accidente laboral, enfermidade profesional ou maternidade.

A conselleira de Facenda, Elena Muñóz, deixouno craro este venres logo da xuntanza que mantivo cos representantes dos sindicatos da función pública galega, CIG, CCOO, UGT e CIF, despois de presentarlles unha carpeta de medidas pensadas polo gobernó galego para aforrar preto de 80 millóns de auros ao ano.

Iso sí, Muñoz garantiulle ás centrais que “a Xunta non vai a tocar os soldos dos empleados públicos” en contraposición coa rebaixa do 5% aprobada polo Goberno Zapatero. O executivo galego deulles 15 días aos sindicatos para presentar unha contraoferta porque será nese prazo no que se pechen estas medidas.

Ademáis de todo iso, a Xunta, que xa suspendeu os pluses aos altos cargos, suprimiu 3 dos 9 días de libre disposición que tiñan os funcionarios da administración galega e retitou as axudas sociais, agás a de discapacidade, que terá una dotación máxima de 180 € ao mes, non prometeu que non haxa que tomar máis medidas de aforro, “á vista da dotación que reciba a Comunidade dos orzamentos xerais do Estado”.

 

También te puede interesar