Vigo al día

Esquerda Unida considera inxunsto que os plans de emprego do Concello están financiados polo incremento da contribución

Para Esquerda Unida, que BNG e PSOE declaren públicamente positivo que o incremento de recadación do IBI sirva para artellar plans de emprego demostra que parecen “moi despistados  no que supón facer política social de esquerdas”. En opinión de  EU, o lóxico sería modificar a ordenanza municipal e que os incrementos, o 10% acordado polo Consello de Ministros máis o 3,8%  aprobado en Pleno  non se apliquen a desempregados, familias con ingresos por debaixo de 15.000 € anuais ou pensionistas con pensións non contributivas. “Todo en vez de subir un imposto que aplica indiscriminadamente a rentas baixas e altas para financiar plans de emprego que en Vigo teñen amosado inútiles para a crear postos de traballo”.

EU lembra que o Concello ten máis posibilidades de creación de emprego que anunciar un plansque se quedan no simple feito de facer unha presentarión á prensa”, pendurar unha web ou contratar a xestores do propio plan pero sen capacidade de xenerar “emprego decente que non sexa o puramente asistencial que crea o propio Concello enbrigadas de limpeza ou similares”.

Esquerda Unida salienta que o Concello pode crear postos de traballo de diferentes xeitos: recuperando unha Empresa Municipal de Vías e Obras, que asegure o mantemento preventivo e as repacións viarias na cidade dende a creación de emprego estable e o reparto do mesmo, empresa que terá unha plantilla cunha xornada máxima de 35 horaspor lei para fomentar a contratación pública;  remunicipalizando servicios privatizados como o da auga e establecendo ratios óptimos de plantilla que prioricen ó emprego e non ó beneficio por enriba do equilibrio de gastos-ingresos; creación dunha empresa municpal agro-forestal,seguindo o exemplo de  concellos similares en poboación, coma Rivas Vaciamadrid, que incluso teñen menos superficie rústica que Vigo”control nos plegos de concursos públicos de que os servicios ofrecidos ao Concello priorizan ó emprego e a contratación regular;  creación dun Consello Municipal de Emprego, participado pola Cámara de Comercio, asociacións empresariais, sindicatos e organizacións sociais para establecer as prioridades de gasto público en políticas laborais “evitando plans mediáticos pero inútiles para crear traballo”.

 

También te puede interesar