Vigo al minuto

Esquerda Unida considera inxunsto que os plans de emprego do Concello están financiados polo incremento da contribución

Para Esquerda Unida, que BNG e PSOE declaren públicamente positivo que o incremento de recadación do IBI sirva para artellar plans de emprego demostra que parecen “moi despistados  no que supón facer política social de esquerdas». En opinión de  EU, o lóxico sería modificar a ordenanza municipal e que os incrementos, o 10% acordado polo Consello de Ministros máis o 3,8%  aprobado en Pleno  non se apliquen a desempregados, familias con ingresos por debaixo de 15.000 € anuais ou pensionistas con pensións non contributivas. “Todo en vez de subir un imposto que aplica indiscriminadamente a rentas baixas e altas para financiar plans de emprego que en Vigo teñen amosado inútiles para a crear postos de traballo”.

EU lembra que o Concello ten máis posibilidades de creación de emprego que anunciar un plans «que se quedan no simple feito de facer unha presentarión á prensa», pendurar unha web ou contratar a xestores do propio plan pero sen capacidade de xenerar “emprego decente que non sexa o puramente asistencial que crea o propio Concello enbrigadas de limpeza ou similares”.

Esquerda Unida salienta que o Concello pode crear postos de traballo de diferentes xeitos: recuperando unha Empresa Municipal de Vías e Obras, que asegure o mantemento preventivo e as repacións viarias na cidade dende a creación de emprego estable e o reparto do mesmo, empresa que terá unha plantilla cunha xornada máxima de 35 horaspor lei para fomentar a contratación pública;  remunicipalizando servicios privatizados como o da auga e establecendo ratios óptimos de plantilla que prioricen ó emprego e non ó beneficio por enriba do equilibrio de gastos-ingresos; creación dunha empresa municpal agro-forestal,seguindo o exemplo de  concellos similares en poboación, coma Rivas Vaciamadrid, que incluso teñen menos superficie rústica que Vigo»control nos plegos de concursos públicos de que os servicios ofrecidos ao Concello priorizan ó emprego e a contratación regular;  creación dun Consello Municipal de Emprego, participado pola Cámara de Comercio, asociacións empresariais, sindicatos e organizacións sociais para establecer as prioridades de gasto público en políticas laborais “evitando plans mediáticos pero inútiles para crear traballo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.