Vigo al minuto

Milleiros de persoas saen á rúa en Vigo en defensa do Naval

Cabeceira da manifestación que percorreu este xoves o centro de VigoAcudiron ao cruce de Vía Norte atendendo ao chamamento da Confederación Intersindical Galega (CIG). A concentración, segundo salientaron os responsables da central nacionalista, foi convocada para denunciar “a inoperancia do Goberno do Estado, dirixido antes polo PSOE e agora polo PP, que non foi quen de sacar adiante unha lexislación que nos permita seguir traballando”. Para a CIG, mentras que noutros países, coma Francia, “en dúas semáns adaptaron as normas fiscais para que os asteleiros non perdiesen encargos, aquí, pasados máis de 5 meses non se fixo nada”.

Nesta tónica, salientaron os representantes do sindicato, están tamén a Xunta e a meirande parte dos concellos da Ría, “afectados polo desmantelamento do Naval” que, denunciaron, non están a facer nada para apoiar as reivindicacións do sector.

Sobre as perdas que sufriu o mesmo neste tempo, os nacionalistas cifran en preto de 3.000 os empregados, de asteleiros e industria auxiliar, que xa están no paro, dende que se suprimiu o ’tax-lease’.

Os concentrados denunciaron que non é certo que non haxa carga de traballo, “é unha gran mentira, sí que o hai, pero o perdemos en beneficio dos franceses, belgas ou noruegos, porque os seus gobernos sí protexeron a un sector básico para as súas economías, adaptándose ás esixencias da Unión Europea”, algo que, criticaron con berros de “PSOE, PP, a mesma merda é!”, “queremos trabajar, non emigrar!” ou “Rajoy, escoita o Naval está en loita!”, non fixo o goberno do estado español.

A manifestación na que os nacionalistas botaron en falla a presenza do UGT e Comisións Obreiras, “que terán que responder polo seu comportamiento”, rematou diante da Delegación do goberno galego onde se fixo un chamamento a seguir coitando por unha parte esencial da economía, da sociedade e da historia galega, da que viven máis de 10.000 familias e que, “de seguir sen solucións pode desaparecer en meses”.

También te puede interesar