RGPD - Cookies
Galicia

Os vellos nacionalistas nunca morren: Beiras podería voltar á dirección do BNG

Así podería ser se, finalmente, as correntes do Bloque, Encontro Irmandiño e MáisGaliza chegan a un acordo, antes do vindeiro luns, para integrar unha candidatura conxunta para presentarse á Asamblea Nacional do BNG. Nas pasadas horas as posturas, que estiveron distantes ate hai uns días, e as negociacións, paralizadas na derradeira semán, achegáronse.

Dacordo con fontes das dúas tendencias, o devandito acordo contempla que Xosé Manuel Beiras (Encontro Irmandiño) sería o candidato a Voceiro Nacional e Carlos Aimerich (MáisGaliza), aspirante á Presidencia da Xunta. Os ‘irmandiños’, pola súa banda pediron liberdade para elixir o seu referente para a candidatura conxunta que, ainda que non está confimado, sería Beiras, quen, a xuizo dos seus compañeiros, podería conquerir o paoio de militantes salientables, coma a ex conselleira Teresa Táboas.

Se esta candidatura fose elixida pola Asamblea Nacional, Beiras, de 77 anos, voltaría a ser o referente do BNG, coma hai anos, cando o BNG chegou a ser a segunda forza política no Parlamento de Galicia.


 

También te puede interesar