Galicia

A Xunta empeza a aplicar o copagamento no centro ocupacional ‘Saiar’ de Caldas

O voceiro de servizos sociais do BNG preguntará ao Goberno galego se ten previsto aplicar o “copagamento” nos centros ocupacionais para persoas con minusvalidez, tras a “información recibida polas familias dos usuarios do centro ocupacional Saiar de Caldas de Reis”.

Manuel Parga sinalou que as familias afectadas foron convocadas pola dirección e informadas polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de que, “despois das vacacións de decembro, deberían contribuír economicamente polos servizos recibidos no centro, achegando un 38,7 % das pensións por minusvalidez que reciben”.

O centro atende 40 persoas e, ata o momento, non realizaban ningún copagamento. O anuncio “está a crear gran preocupación nas familias dos usuarios, que verán diminuídas as súas economías para facer fronte a esta medida”.


 

También te puede interesar