Galicia

A Xunta empeza a aplicar o copagamento no centro ocupacional ‘Saiar’ de Caldas

O voceiro de servizos sociais do BNG preguntará ao Goberno galego se ten previsto aplicar o «copagamento» nos centros ocupacionais para persoas con minusvalidez, tras a «información recibida polas familias dos usuarios do centro ocupacional Saiar de Caldas de Reis».

Manuel Parga sinalou que as familias afectadas foron convocadas pola dirección e informadas polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de que, “despois das vacacións de decembro, deberían contribuír economicamente polos servizos recibidos no centro, achegando un 38,7 % das pensións por minusvalidez que reciben”.

O centro atende 40 persoas e, ata o momento, non realizaban ningún copagamento. O anuncio «está a crear gran preocupación nas familias dos usuarios, que verán diminuídas as súas economías para facer fronte a esta medida».


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.