A escritora Teresa Moure considerou «durísimo» o nomeamento de Jesús Vázquez como responsable de Cultura en Galicia, a quen sinalou coma «un dos máximos responsables da auténtica doma e castración» da lingua galega como conselleiro de Educación.
En declaracións a Radio Nacional, Moure sinalou a Vázquez como un dos responsables do «proceso de acoso e derrubamento á lingua galega propio da época dos Reis Católicos«, aínda que matizou que «non é o único» e que os culpables teñen «nome e apelidos…xunto á pasividade de parte da cidadanía”.
A ensaista cre que ningunha das persoas que traballa nos ámbitos da Educación ou a Cultura «se pode sentir a gusto coa fusión de departamentos e que ambos os dous ámbitos se van resentir”.