Vigo al día

Os veciños de Teis atopan pechada a súa oficina no Centro Cívico

Non poideron traballar como ate o de agora. Son os empregados do Centro Cívico de Teis que este luns atoparon pechadas a oficina do mesmo. O feito prodúxose esta mañán á 9, cando o persoal do asociación, a xunta directiva da Asociación de Veciños de Teis e un grupo de veciños se presentaron nas instalacións do centro cívico  e comprobaron que a oficina utilizada pola asociación  estaba pechada, aínda que o centro cívico estaba aberto. A veciñanza concentrouse no interior do centro por espazo dunha hora para amosar a nosa indignación.

“Como xa tiñamos convocado, esta tarde ás 7, realizaremos unha nova asamblea no centro cívico, para decidir que medidas de presión realizar nos vindeiros días”, aseguran os representantes da asociación veciñal que xa informou, por teléfono, deste feito aos grupos municipais do PP e do BNG.

“Dende a asociación non imos a renunciar a continuar coa nosa reivindicación  de xestión  destas instalacións municipais”, aseguran e angaden queimpedir que a poidésemos usar as instalacións é un ataque sin precedentes ao movimento veciñal e un retroceso a participación na cidade de Vigo; teriamos que ir ao franquisto para atopar un feito semellante”, salientan.


 

También te puede interesar