Deportes Vigo al día

Éxito do campus de inverno de baloncesto do Clube Seis do Nadal

Os pasados días 26, 27, 28 e 29 de deccembro do 2011 e aproveitando as vacacións de Nadal, o Club Balonesto Seis do Nadal – Coia organizou o 7º Campus de Inverno “Xornadas de Tecnificación” nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

Preto de medio centear de xogadores e xogadoras de categoría benxamín e alevín participaron nestas xornadas no que se buscou reforzar o traballo de técnica individual dos deportivas, fundamentalmente nestas idades óptimas para a formación.

Os rapaces e rapazas adestraron das máns de adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Sergio González, Aalí Mohamed, Jorge Martínez, Diego Montenegro, Alicia Álvarez, Carlos Guada, Silvia Caíño e Daniel Rodríguez, foron os técnicos da entidade encargados de desenvolver as sesións.

Tódolos inscritos tamén puideron aproveitar a visita de Carlos Martínez, Director Técnico e adestrador do Grupo Desportivo Gafanha (Portugal), así como da presenza de xogadores do equipo Sénior Masculino da Liga 2ª División Sénior Masculina da entidade, quenes axudaron aos nenos e nenas a realizar as súas actividades.


 

También te puede interesar