Ciencia y Tecnología Galicia

Preto de 3.000 coidadores non profesonais de persoas dependentes, formáronse en 84 concellos este ano

E recibiron formación sobre este tipo de atención a través do programa ‘ Xuntos nos coidados’, da Consellería de Traballo e Benestar. Ao abeiro desta iniciativa, organizáronse este ano un total de 117 cursos, de formación básica e especializada, que se impartiron nun total de 84 concellos de Galicia.

O obxectivo da mesma é que os coidadores non profesionais de persoas con dependencia adquiran habilidades e o desenvolvemento de actitudes axeitadas para desenvolver este labor, ao tempo que se mellora tamén a calidade de atención das persoas dependentes.

No que se refire á formación básica, desenvolvéronse un total de 83 accións formativas, que beneficiaron a máis de 2.000 persoas, o dobre das que participaron nestas actuacións o ano anterior cando se puxo en marcha este programa que cumpre así cunha das premisas recollidas na Lei de Dependencia.

Estas xornadas formativas desenvolvéronse en distintas localidades da xeografía galega, en dúas sesións, acreditando un total de 15 horas de formación. Durante o curso, de carácter obrigatorio para os coidadores non profesionais, distribuíuselles aos participantes un exemplar do “manual de formación para coidados no contorno familiar”, así como a guía elaborada neste sentido. Ambos documentos están dispoñibles na páxina web da Consellería. Ademais, o desenvolvemento desta acción formativa proporcionou aos participantes un documento acreditativo da súa participación.

Por outra banda, tamén organizáronse 34 cursos especializados para coidadores de persoas con enfermidade mental ou persoas con demencia. Estas accións formativas son de carácter voluntario e beneficiaron a unhas 850 persoas.

Con respecto ao próximo ano, prévese continuar nesta liña de actuación e formar a outros 3.000 coidadores non profesionais. Ademais, estase a rematar actualmente a edición dun novo manual de coidado de carácter especializado, dirixido a coidadores de persoas en situación de dependencia con enfermidades crónicas e que, ao igual que os outros documentos, estará dispoñible nun prazo breve de tempo na devandita páxina web.

 

También te puede interesar