RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Denuncian o peche dos servizos de normalización lingüística en 15 concellos do país

A Coordinadora de Traballadores de Normalización dá Lingua (CTNL) ven de denunciar o peche de servizos de normalización lingüística noutros doce concellos galegos, que se suman aos de Dodro, O Barco de Valdeorras e Quiroga.

Segundo sinala a devandita entidade, este venres pecharon estes departamentos en Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas.

A CTNL subliña que elo débese á «eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística« e á «tardanza na nova e minguada convocatoria» por parte da Deputación de A Coruña, que supuxo «o despedimento destes empregados neses concellos».


 

También te puede interesar