Vigo al minuto

A ETEA terá un espazo para o lecer, dotacións para vellos e un centro de día

E a Xunta cederá aos veciños de Teis parte dos inmobles que son da súa titularidade na que fora Escola de Transmisións da Armada. Ese é un dos acordos aos que chegaron este martes representates dos colectivos veciñais do barrio e o voceiro municipal do Partido Popular quen, segundo salientaron os veciños, actuou coma mediador coa Consellería de Infraestructuras.

Os veciños recoñeceron un acance moi importante” en relación co plantexamento feito polo conselleiro Hernández o pasado mes de outono do Plan de Usos da ETEA que, agardan, poida pasar a exposición pública o ano que ven. Todos eles estiveron dacordo en que a maioría do espazo sexa destinado ao Consello Superior de Investigacións Científicas e á Universidade de Vigo, “e que se adique á investigación mariña”, así coma na recuperación para o barrio, “un dos máis importantes da cidade”, de zonas destinadas á practica deportiva ou a cultura, ademáis da acometida inmediata da recuperación do borde litoral. Sí amosaron as súas discrepancias sobre o uso residencial da ETEA, que rexeita parte dos colectivos.

Pola súa banda, Chema Figueroa comprometeuse a trasladar as bases de “este acordo básico” á Xunta, que “concreta as peticións dos veciños de Teis”, para un área de máis de 100.000 metros cadrados. Figueroa, quen calificou de “problema menor” as diferencias sobre a construcción de vivendas no recinto, adiantou que o vindeiro 10 de xaneiro haberá unha nova xuntanza para “pechar os frecos que quedan pendentes” e amosou que o Plan para a ETEA será aprobado polo Consello da Xunta no prazo esperado.


 

También te puede interesar