Galicia

A conselleira Mato, cunha xestión que xenerou 42.754 parados, pide “unha oportunidade para o novo Goberno”

Beatriz Mato, repetiu o que xa dixera o novo ministro de Facenda hai uns días e engadiu que “hai unha realidade que non só é competencia deste goberno, senon que nos acomaña coma parte do país no que vivimos”. A conselleira, que estivo en Vigo visitando a sede da Oficina de Apoio ao Empregador, radicada no edificio da’ Gota de Leche’, non fixo referencia ao feito de que nos tres anos que leva coma responsable de Emprego do goberno galego o número de parados pasase de 210.662 a 253.416 ou o que é o mesmo, 2 desempregados cada unha das horas que pasaron dende que se fillo cargo da consellería, sí que pediu “darlle a oportunidade ao novo Goberno para que cumpras as perspectivas”.

Mato, asimesmo, salientou que as medidas do executvo de Rajoy “acompañarán as que se están a adoptar dende a Xunta e amosou a súa confianza plena” no  presidente ao tempo que apelou polo “diálogo e os acordos entre empresarios e traballadores coma ferramenta fundamental” na aposta pola competitividade e o apoio aos sectores estratéxicos.


 

También te puede interesar