Vigo al minuto

Veciños de Teis piden a dimisión do alcalde e do concelleiro Santos Héctor

O derradeiro Pleno do ano serviu para que o alcalde, ao fin, dese a palabra a representantes de varios colectivos para que se dirixisen á Corporación. Entre eles, dun representante da Asociación de Veciños de Lavadores, en relación con campaña de distorsión de grupo de ex-socios da Federación Veciñal; do vicepresidente da ‘Asociación de Xubilados e pensionistas Vilagalicia’, en relación coa súa expulsión da sede social da asociación, e da Federación de AAVV Eduardo Chao para expoñer a situación da Federación logo das declaracións do concelleiro de Participación Cidadá nos que acusaba aos seus directivos de solicitar subvencións para “papatorias”.

Os que no poideron intervir foron os representantes da Asociación de Veciños de Teis quenes se manifestaron á porta do Concello contra o recorte da subvención á devandita asociación e a retirada da xestión do Centro Cívico que, segundo salientaron, suporá o despido das tres persoas que traballan na mesma.

Un grupo de veciños corearon gritos contra o alcalde, pedindo a súa demisión e ao do concelleiro Santos Héctor e reclamándolle que acabe coa súa intención de privatizar o centro e permita a participación veciñal no mesmo.

Os veciños de Teis denunciaron, así mesmo, que o pasado sábado, día 24, operarios da empresa concesionaria do servizo de limpeza, retiraron todos os carteis colocados nos días previos pola Asociación Veciñal alusivos ao conflito na xestión do Centro Cívico. Se ben nun primeiro momento os veciños que transitaban polas rúas de Teis pensaron que se estaba a realizar unha “limpeza xeral”, “a sorpresa foi maiúscula” cando a comprobaron que unicamente eran retirados os carteis da Asociación deixando outros intactos. De feito, denunciaron, despois desta acción do Concello non quedou ningún cartel da Asociación. “Vemos así que os recursos públicos que se negan á veciñanza de Teis si que existen para enviar especificamente ás brigadas de FCC a realizar funcións de censura, pagadas polos impostos de todos, que están fóra do seu cometido como concesionaria do Concello”, salientaron.


 

También te puede interesar