Galicia

Novacaixagalicia vale 181 millóns, menos do orzamento de Vigo para 2012

Esa é a valoración que lle da o Banco de España o que supuxo que a ‘gran caixa’ galega só se quedase co 6,8% do banco creado despois e que o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), é decir o Estado, controle 0 93,16% da nova entidade financieira.

Esta baixa valoración é o motivo de que a Xunta, segundo anunciou este venres o seu presidente, veña de interpoñer un recurso contencioso-administrativo contra a decisión do banco emisor.

“Consideramos inxusta esta baixa estimación dende o principio”, salientou Núñez Feijóo na rolda de prensa seguinte ao Consello e, por iso, “polo feito de que fose o comprador quen determine o prezo de venda e que esté en perigo a obra social”, o executivo galego inicia accións xurídicas contra a devandita decisión.

Por qué se a valoración fíxose en setembro o recurso vaise a interpor agora?Feijóo subliñou que foi así para “non interferir no proceso de recapitalización da entidade” e sinalou que o presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, quen comprometeuse a traer investimentos para o mesmo sen que ate o de agora se coñezan os mesmos, foi informado desta decisión do goberno galego.


 

También te puede interesar