Galicia

As 730.859 pensións que se pagan en Galicia son de menos de 680 € ao mes

Delas, 450.289 son de xubilación e teñen unha dotación media de 759,41€; outras 69.920 son de incapacidade permanente, e perciben 760,76€ e 184.676 son de viudedade e a paga media é de 495,27 €.

A información, facilitada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, sinala que o número de pensións en Galicia é de 730.859, preto dun 1% máis que hai un ano, e que o cuantía, sempre media, das mesmas é de 679,08€, ainda que as viuvas e viuvos están lonxe desta cantidade, xa que non chegan aos 496 € ao mes, ou, o que é o mesmo, 82.500 pesetas.


 

También te puede interesar