Galicia Vigo al minuto

O Naval segue a reclamar que non se deixe morrer ao sector

Varios centos de traballadores do naval de Vigo realizaron este martes unha nova acción de protesta para reivindicar a implicación dos Gobernos español e galego na solución da crise que padece o sector. Os afectados saíron de Barreras pasadas as 10.30 horas para percorrer a pé a distancia até a Praza América. O percorrido realizouse cortando un carril de circulación, o que causou algúns problemas de tráfico no centro da cidade.

Unha vez alí, deron varias voltas á praza ocupando todos os carrís, polo que o tráfico tivo que ser desviado pola Policía Local. Durante a mobilización escoitáronse berros como «Naval solución» ou ·»Rajoy, escoita, o naval segue en loita». Arredor das 11.30 horas regresaron andando até a zona dos estaleiros.

A CIG, sindicato convocante, lembra que é necesario o compromiso dos Gobernos español e galego para buscar solución que permitan salvar unha industria «ferida de morte», ademais de esixir que se investigue a xestión dos estaleiros e reclamar unha alternativa ao sistema de bonificacións fiscais coñecido como tax lease.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.