Galicia

A Xunta pedirá que o libro que dí que o galego é a lingua de Galicia sexa rectificado inmediatamente

O Conselleiro de Educación adiantou hoxe en Vigo que “en un ou dous días” remitirá un escrito á editorial editora do libro de texto de Coñecemento do Medio que asegura que “a lingua propia de Galicia é o galego”, pero non cita ao castelán.

Jesús Vázquez Abad, salientou que na mesma se pedirá que proceda a enviar a todos os centros nos que se estuda polo mencionado libro “un apéndice no que se complete o mesmo xa que foi emitido dun xeito parcial”. Vázquez referiuse á petición do Valedor do Pobo no que se solicita a retirada do libro e confirmou que a pasada semán houbo varias xuntanzas cos representates da oficina do Valedor para falar do tema.

Ademáis de pedir unha rectificación inmediata, a Xunta tamén instará á editorial a que “corrixa definitivamente as vindeiras edicións do texto e, “no caso contrario teríamos que adoptar as medidas ooportunas”, salientou o conselleiro.


 

También te puede interesar