RGPD - Cookies
Galicia

87 feridos e un morto, saldo do fin de semán nas estradas galegas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 87 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 9 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo, 11 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 26 accidentes cada día.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 89 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 64 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 87 persoas.

A proporción de homes atendidos foi do 54% e o da mulleres do 46%. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 43% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 77. Así, as ambulancias medicalizadas mobilizáronse en catro casos, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 65 accidentes, as ambulancias concertadas en tres casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en sete ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que sete persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha faleceu no lugar do sinistro.

 

 

También te puede interesar