Vigo al minuto

Prolingua pide a dimisión do Valedor logo de que pedise a retirada dun libro de texto en galego a petición de UPyD

A Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega (Prolingua) ven de esixir a demisión do Valedor do Pobo, logo de que instase á Xunta a retirar un libro de texto tras recibir unha queixa do coordinador de UPyD de Vigo, Pedro Larrauri.

Segundo Larrauri, Benigno López González, instou á Consellería de Educación a retirar un libro de texto de quinto de Primaria da asignatura Coñecemento do Medio porque nel figura que “a língua propia de Galicia é o galego” e omite que o castelán tamén é oficial,o que o Valedor, sempre dacordo coa versión de Larrauri, considera “unha información inexacta, incompleta e, porén, falsa”.

É por iso que Prolingua denuncia, nun comunicado pendurado na súa páxina web página que “o responsable de velar polo cumprimento da lexislación que temos, ignore os contidos do Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mesmo cómico, se non fuese pola trascendencia do cargo e das suas decisións”. Prolingua demanda a Benigno López “unha rectificación inmediata” xa que, con esta resolución amosa a súa incompetencia para o cargo e unha obsesión probada contra a lingua propia de Galicia.


 

También te puede interesar