Galicia

Feijóo ten un patrimonio de algo máis de 500.000 €

Exactamente os bens do presidente da Xunta teñen un valor de 516.767,86 €, segundo publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), deles, 99.000 son cretos , xa que figuran no apartado de contable pasivo. Feijóo cumple, deste xeito, co acordo do Consello da Xunta do pasado 29 de setembro, no que aprobou facer pública, de xeito voluntario, os patrimonios do titular do goberno galego e dos seus conselleiros. A publicación coincide coa da situación patrimonial dos deputados do Parlamento de Galicia que, pódese consultar dende hoxe entrando na web da cámara.

Dese medio millón de euros, Feijóo subliña que 151.223,39 corresponden a bens inmobles e os outros 365.544,47 euros, a “outros bens“.

Tal e coma recolle o ducumento aprobado polo Consello, a declaración non agrangue nen seguros de vida, e nas propiedades indivisas, indícase o valor das mesmas segunda a porcentaxe de participación do declarante.


 

También te puede interesar