Vigo al minuto

A Rede de acollida para víctimas de violencia de xénero está ao 63% da súa capacidade

A rede de acollida de Galicia para mulleres vítimas da violencia de xénero rexistrou unha ocupación media do 63% nos tres primeiros trimestres de 2011. Segundo informa a Xunta,88 mulleres e 67 menores, fillos das víctimas, foron acollidos nestes centros.

En Galicia actualmente existen cinco centros, os de Culleredo ( Tf.-981 654 570), A Coruña (Tfonos.- 900-400273 / 981-282024), Ferrol (Tf.-607 603 442), Lugo ( Tf.- 982 206 33) e Ourense (Tf.-988 374 401), ademáis do Centro de Emerxencias de Vigo (Tfono.-986 293 963) , que dispoñen dun total de 97 prazas.

O goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, destiñou aos mesmos 230.000€, que se achegaron logo de acordos cos directivos dos mesmos e concellos, e que cubren parte dos gastos de funcionamento e mantemento de persoal: psicólogas, avogadas e traballadoras sociais.


 

También te puede interesar