RGPD - Cookies
Sucesos

Non fuxiron a fume de carozo…senon a fume de Marlboro

O delegado de Logista, radicada no Polígono Industrial de Coles, en Ourense, ven de denunciar o roubo de 32.000 paquetes de tabaco da nave da devandita empresa, valoradas en 130.000 €.

Segundo a Garda Civil, ás 10 horas deste martes o denunciante presentou a denuncia explicando que na manciña do luns ao martes, uns descoñecidos subiron cun ‘escalo’ ao tellado da empresa onde, logo de cortar a chapa e o aislante, botaron un gancho e sacaron 64 caixas de tabaco con 500 paquetes de cigarillos dela.

Segundo especifica a denuncia, os mesmos están valorados en 130.650 € (case 22 millóns das desaparecidas pesetas). As dilixencias dos feitos foron xa remitidas ao Xulgado número 1 de Ourense.


 

También te puede interesar