RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo o confirma: o AVE en 2018…e se hai cambios «Galicia será a primeira en enterarse»

Onte o dixera o deputado do BNG Francisco Jorquera e este mércores confirmouno o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo, garantiu que “a conexión de Galicia coa Meseta por alta velocidade non cambian polo feito de que Mariano Rajoy sexa o presidente do Goberno de España” e o “obxectivo é que o AVE esté en Galicia en 2018″. Esta é a data, segundo dixo o presidente “analizada coma posible” polos técnicos da Xunta.

“Se hai algunha novedade neste respecto, Galicia será a primerira en enterarse”, angadiu Feijóo, quen ao carón do conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández.

No que atingue ao Pacto do Obradoiro, asinado polo mesmo Feijóo e o ministro de Fomento en Funcións, o lucense José Blanco, e no que se fixaba a chegada do AVE en 2015, o xefe do executivo galego indicou que “foi positivo, xa que permitiu axilizar as obras en 2009”, mentras que 2010 foi “un ano perdido e este 2011 estivo marcado por luces e sombras”.


 

También te puede interesar