Comarcas

Empeza o Nadal Solidario en Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha este sábado, día 10, a campaña “Nadal Solidario”. Trátase dunha iniciativa para a recollida de libros e xoguetes coa fin de que ningunha nena nin neno se quede sen un agasallo no vindeiro Nadal, a pesares da actual crise que agravou a situación económica dalgunhas familias.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, Marina Cabaleiro, ven de convidar a participar nesta campaña “a todos aqueles que desexen aportar xoguetes, libros ou calquera outro obxecto que poida ser usado polos rapaces e rapazas con menos de 16 anos”.

Para este fin, o mesmo sábado permanecerá aberto o Auditorio Municipal, no cal estará un grupo de voluntarios recollendo xoguetes de 10:00 a 20:00 horas. Unha vez recollidos os agasallos e ata o día 30 de decembro procederase a súa preparación e clasificación por idades para a posterior entrega os días 2 e 3 de xaneiro.


 

También te puede interesar