Vigo al minuto

As xuventudes nacionalistas xuntan as mesmas personas que o alcalde o Día da Constitución

Galiza Nova, congregou na Praza da Constitución, a cal bautizaron coma Praza da Autodeterminación, ao mesmo número de persoas, 50, que foi quen de xuntar o alcalde no MARCO. O feito de que os cidadáns preferisen, no Día da Constitución, coñecer as propostas das xuventudes do BNG que as de Abel Caballero amosa cal é o pronunciamento do rexidor apenas sete meses despois das Eleccións Municipais.

Galiza Nova fixo un repaso da Constitución e da súa aposta pola reforma de varios artigos, empezando pola defensa do galego ou da autodeterminación, pasando pola crítica ao neoliberalismo, con música de fondo, e arrincando en escea as páxinas da Carta Magna que habería que trocar, todo ante a mirada dos veciños e os turistas que se sumaron ao ambente festivo.

Mentras, no MARCO, nun acto ríxido e rancio, e cunha mermada representación cidadá, xa que non estiveron presentes nen os voceiros da oposición municipal, nen os representantes do comercio ou a empresa, nen o subdelegado do goberno na provincia, nen o presidente da Deputación, a delegada do Consorcio da Zona Franca, e sen apenas colectivos sociais, veciñais, deportivos ou culturais, o máis atractivo foi o bando do presidente da Audiencia Provincial, Francisco Javier Menéndez, quen, en contraposición ao discurso autocomplacente do alcalde,  salientou a importancia da Constitución e da xustiza que enama dela.


 

También te puede interesar