Galicia

Nen o BNG nen a Federación Veciñal acudirán aos actos do Día da Constitución

O BNG non estará hoxe presente nos actos institucionales convocados na cidade polo Día da Constitución. O voceiro municipal dos nacionalistas indicou que non acudirán coma protesta pola “reforma exprés” da Carta Magna aprobada polo PP e o PSOE e que, segundo salientou é consecuente coa campaña in do Bloque que califica a devandita reforma de “antidemocrática e feita as agochadas”.

O voceiro subliñou que o BNG ven de explicar que a reforma supón unha “consolidación do estado neoliberal e abre a porta ao recorte de servizos públicos básicos”.

A esta ausencia dos nacionalistas, este martes no acto central no MARCO (12:00 h.) súmase a da Federación de Asociacións de Veciños (Favec), quen tampouco mandará representación ao mesmo logo das descalificacións do concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, quen dixo hai uns días que a FAVEC pedía subvención para “enchentas”.


 

También te puede interesar