Ciencia y Tecnología Galicia

O 36% dos galegos recoñece estar enganchado a Internet

A maioría son mulleres entre 18 e 34 anos, segundo oEstudio Nestea sobre Internet y las Redes Sociales’ realizado por Sondea entre 2.618 personas de toda España. Dacordo co mesmo, as comunidades nas que aseguran estar máis enganchada son Navarra, co 65%; Baleares, 58%, e Cantabria e Euskadi, co 50%. Noutra banda están Asturias, 35%, Galicia, 36%, La Rioja,38% e Murcia, co 41%.

Sobre os hábitos de conexión, o estudo reflicte que o 40% dos encuestados conéctase ás redes sociales entre 1 e 4 horas cada día. De feito, máis do 90% dos encuestados di que está nunha rede social, principalmente Facebook (83%), seguido de Tuenti (27%) e Twitter (22%).

Iso explica que o 55% de aqueles que participou no estudo recoñeceu que, nalgunha ocasión, preferiu falar cos seus amigos por chats, mensaxes ou redes sociais que verse personalmente, e tamén que o 22% interrumpa unha xuntanza con amigos, un xantar familiar ou o traballo para ler unha mensaxe, un mail ou unha notificación no móvil. Ademáis, entre un 10 e un 20% lee as mensaxes que lle chegan ao teléfono no medio dunha ceremonia familiar coma unha boda ou un bautizo, cando están no cine, no teatro , conducindo ou mesmo se están na ducha.

Por iso, o 33% recoñece que, máis dunha vez, alguén enfadouse porque no lle prestaron atención por estar conectado a Internet, e o 44% asegura que nalgunha ocasión enfadouse con alguén polo mesmo motivo.


 

También te puede interesar