RGPD - Cookies
Galicia

EU denunciará xudicialmente ás comunidades que desactiven a tarxeta sanitaria dos parados de longa duración

Esquerda Unida – Os Verdes de Ponteareas, presenta vía rexistro de entrada a moción “En defensa do dereito á cobertura sanitaria para toda a cidadanía para que se garanta a atención sanitaria a todas as persoas. EU denuncia que , debido a trámites burocráticos, os galegos e galegas en situación de desemprego de longa duración ven como se bloquea a súa tarxeta sanitaria e desaparecen as súas prestacións durante o tempo no que o se tramita o expediente correspondente, tendo que abonar os importes establecidos no Decreto 209/2011 do 27 de outubro.

Por outra banda, segundo datos do Defensor do Pobo e do estudo que o Ministerio de Sanidade realizo a instancias do grupo parlamentario de Esquerda Unida no Congreso dos Deputados, entre 90.000 e 180.000 persoas carecen actualmente en España de cobertura sanitaria.

En base a este estudo, o coordinador xeral de Izquierda Unida (IU), Cayo Lara, advertiu que denunciará ante os tribunais a aqueles gobernos autonómicos que «violen os dereitos básicos» dos cidadáns por deixar sin asistencia sanitaria a parados ou extranxeiros sin permiso de residencia.


 

También te puede interesar